Comarcas

Ponse en marcha a depuradora de Fonte María, en Arbo

depuradoraA posta en funcionamiento da depuradora de Fonte María, en Arbo, é xa unha realidade logo de que concluísen as rozas e limpezas no perímetro exterior e no interior desta infraestrutura, así como  a retirada dos elementos deteriorados e obsoletos.

Según indicou o alcalde, “retiramos os residuos a través dun xestor autorizado, de cara a extraer os lodos do seu interior e acometeuse a reparación dos depósitos, realizando un saneamento das fisuras das paredes para garantir a non existencia de fugas, cambiáronse as tubaxes que realizan a inxección de aire no fondo do depósito principal por unhas que evitan a ferruxe”.

O Concello recibiu, para a realización desta obra, unha subvención de máis de 35.000 € e, tamén, contou cunha axuda de 15.453 máis procedente da liña competitiva do Fondo de Compensación Ambiental que permitiu afrontar gastos de recollida de residuos sólidos urbanos.

En relación a esta liña de axudas en réxime de concorrencia competitiva e non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental, destínase máis de 1,1 millóns de euros aos concellos pontevedreses.

A mesma abrangue dúas liñas de axudas: en concorrencia non competitiva, que  está destinada a aqueles concellos que acollen no seu territorio instalacións de aproveitamento eólico cun total de 832.700 € de subvención, e outra  liña competitiva, á que  puideron optar a totalidade das entidades locais galegas que contan con proxectos medioambientais axustados á convocatoria. Nesta liña, os concellos da provincia de Pontevedra recibiron 305.000€ do Goberno de Galicia.

También te puede interesar