Galicia

Empeza este martes unha campaña de Tráfico en Galicia para controlar o estado das rodas dos coches

guardia-civil1A Garda Civil de Tráfico empezará este mércores unha campaña de control dos neumáticos dos vehículos, a poucos días da Ponte de Todos os Santos, para “tentar reducir a accidentalidade e as súas consecuencias”, segundo ven de informar a Dirección Xeral de Tráfico (DXT).

Os controis estarán nos treitos nos que hai “máis risco de accidente” e neles haberá máis axentes da Garda Civil que se desprazarán ás vías con máis intensidade de circulación, nos puntos no que se cometen máis infraccións e naqueles nos que hai máis sinistros.

O obxectivo desta iniciativa é, indica Tráfico, a de mellorar a seguridade vial reducindo un dos factores que máis inciden nos accidentes,vixiando as condicións técnicas regulamentarias dos coches coaverificación intensiva” das rodas de toda clase de vehículos.

A DXT subliña que “o risco de ter un sinistro mortal por ter os neumáticos en mal estado duplica a de calquera outra chata no coche” e engade que, o ano pasado, en Galícia houbo máis de 10.000 accidentes nos cales, en 195 os turismos implicados tiñas as rodas moi desgastadas.

También te puede interesar