Galicia

A @depo_es contará cunha única ordenanza xeral para todas as subvencións

subvenciones

A Deputación de Pontevedra aprobará no vindeiro pleno unha ordenanza xeral para todas as subvencións que se impulsen desde o organismo provincial. Por primeira vez a institución contará cunha ordenanza xeral para as subvencións, que será o marco público de xestión e regulamentará as convocatorias e as obrigas detalladas de cada parte, beneficiando, desta maneira, tanto ás receptoras e receptores como ás xestoras e xestores.

Dende a entidade recalcan que a, partir de agora “todas as e os solicitantes terán a información de antemán con claridade”, reforzaranse as garantías xurídicas de concesión e recepción xa que se regularán todos os aspectos da relación xurídica subvencional, completarase o marco lexislativo de aplicación para evitar interpretacións subxectivas, garantiranse os prazos de pago ós acredores das beneficiarias e beneficiarios e as deducións de parte das subvencións por incumprimento de obrigas, esixiranse formas de contratación máis transparentes e avanzarase en aspectos como as subvencións en especie.

A Deputación de Pontevedra xestiona anualmente máis de 117 millóns de euros destinados a subvencións e actividades de fomento.

También te puede interesar