O alcalde informou este venres que a Xerencia de Urbanismo aprobou os seus orzamentos para o ano que ven: 9,5 millóns, o que implica un incremento de 2,4 millóns, dende os 7,1 do ano pasado, en conxunto un 33,5% maís.
As partidas más salientabeis son as que se adican a crear un paseo de 7 metros de ancho na Avenida de Europa, entre a Avenida de Castelao e Samil; tamén 250.000 € para a redación do novo Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOM), proxecto para o cal Abel Caballero reclamou ao Goberno de Galicia unha aportación de máis do 50% do custo do proxecto, considerando que anulación do Plan de 1993 foi a causa dunha actuación indebida da Xunta.
Caballero sinalou que a parte máis importante deste orzamento son os 2.500.000 € para a recuperación da zona da Panificadora e do espazo lindante coa Praza do Rei. O alcalde sinalou que con este paso “hoxe poñemos en marcha a Panificadora e xa non hai marcha atrás”.
A Xerencia decidiu aprobar un gasto de 124.657€ para o prego do concurso de ideas e adiantou que o gañador, ademáis de recibir 50.000 € será quen redacte o proxecto. “Levamos medio século agardando esta decisión”, asegurou Caballero quen amosouse seguro de que Zona Franca “afronta este proxecto co mesmo entusiasmo que o Concello”.