Veciños de Chapela saíron, de novo, este venres á rúa para rexeitar o ruído e as molestias causadas polas obras de ampliación da Autoestrada. Segundo denunciaron, as obras, que non deixan que as clases se impartan con normalidade no Instituto de Chapela e no Colexio Igrexa, ademais de impedir o descanso dos veciños.
Ao seu xuízo, as obras se fan nunha zona urbana, con ruídos de seguido, dende as 5 e media ou 6 da mañá ata ven entrada a noite, chagando a superar, dacordo con varias medicións os 100 decibelios.
Os veciños alertan de que estes ruídos non rematarán cando a obra finalice xa que a ampliación da Autoestrada suporá que os vehículos pasen máis preto, aínda, das súas casas.