A Festa da Lamprea busca cartel co que ilustrar a súa 57 edición. O Concello de Arbo acaba de convocar o concurso de carteis para a LVII Festa da Lamprea, que terá lugar os vindeiros 28, 29 e 30 de abril de 2017.
Poderán participar neste concurso todos aqueles interesados que teñan unha idea para o cartel que promove a principal festa gastronómica do municipio, que terán ata o vindeiro 23 de decembro para presentar as súas propostas.
As propostas serán entregadas a lo menos en soporte físico (papel, tela, cartón…) en tamaño mínimo A3 que os participantes consideren axeitados e en soporte dixital de máxima resolución. Poderán presentarse ata dous carteis por participante.
Nos carteis deberá incluirse de xeito correcto as datas da festa, as letras e a edición do ano 2017, xa que calquera erro nalgún destes aspectos determinará a exclusión do cartel. Os materiais a empregar poderán ser lapis de cores, ceras, acuarelas, témperas, collage…
O gañador do concurso será premiado con 600 euros, mentre que o que acade o segundo posto conseguirá 300 euros e o do terceiro posto 100. Para máis información pódese visitar a web do concello de Arbo.