Logo de que, como informara onte vigoalminuto, chegaran as primeiras neves a Galicia, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), ven de emitir un ‘aviso amarelo’ por nevaradas nas provincias de Ourense e Lugo dende as 6 da tarde deste domingo es as 6 da mañá do luns.
Dacordo cos seus cálculos, agárdase unha capa duns 5 centímetros pero, aínda que a cota de neve baixará ata os 800 o 900 metros esta noite, a maior acumulación será por riba dos 1.000.