‘En ruta coa Depo’, programa da Deputación de Pontevedra, organiza esta fin de semana novas saídas pola provincia nas que participan preto de 1.200 persoas pertencentes a asociacións de 14 concellos da pronvincia: Salceda de Caselas, Cangas do Morrazo, Pontevedra, Vilanova de Arousa, Soutomaior, A Illa de Arousa, Mos, A Guarda, Catoira, Vilagarcía de Arousa, Vigo, Redondela, Caldas de Reis e Lalín.
En concreto, nas rutas desta fin de semana participan o Centro Cultural e Veciñal San Xorxe (Salceda de Caselas); Asociación Cultural Con de Nerga (Cangas); Sociedade Española da Camelia e Asociación de Vecinos A Capela (Pontevedra); Asociación Cultural O Castro e ANPA San Juan de Baión (Vilanova de Arousa); Asociación de Vecinos Alxán (Soutomaior); Mulleres Rurais San Vicente de Paul (A Illa de Arousa); Asociación de Vecinos de Dornelas (Mos); Asociación de Fibromialxia Fibromiño e Asociación Vecinal, Cultural e Deportiva O Cancelón (A Guarda); ANPA Catoira (Catoira); Asociación Coral Rosalía de Castro (Vilagarcía de Arousa); A.V.C.D. Monte da Mina de Castrelos, Asociación Monteira Danzas do Mundo e AVSD Lavadores (Vigo); Asociación de Mulleres Arela de Saxamonde (Redondela); Asociación Cultural Recreativa Ruliñas (Caldas de Reis) e Asoc. De Veciños de Moneixas (Lalín).
Estas asociacións realizan rutas polo concello de Cambados e Ribadumia; polo conxunto histórico de Salvaterra, o parque da Canuda, o Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea e as pesqueiras do Miño; percorren Catoira, Vilagarcía de Arousa e Cuntis; achéganse a Silleda para coñecer o Mosteiro de Carboeiro, a fervenza do Toxa, castros e un taller de zocos; visitan os museos de Lalín e o complexo arqueolóxico aldea de Codeseda; percorren A Guarda e o conxunto histórico de Tui; pasean en barco pola ría de Arousa con degustación gastronómica, descubrindo O Grove e os seus atractivos turísticos; achéganse a Redondela para visitar San Simón e realizan unha andaina por unha parte do Camiño Portugués do Norte e pasean por Baiona.
‘En Ruta coa Depo’ é un programa da Deputación de Pontevedra que propón alternativas de lecer dinámico e saudable pretendendo mellorar a participación, a convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais da provincia de Pontevedra. Ofŕecense case vinte rutas distintas por lugares emblemáticos da provincia con distintos tipos de propostas para todos os públicos: rutas dinámicas e activas para a xente máis moza, rutas interxeracionais para Anpas e familias, rutas adaptadas para persoas con mobilidade reducida, rutas marítimas e rutas por enclaves singulares. Este programa, xestionado a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, vai permitir que, ata finais de ano, máis de 19.000 persoas coñezan mellor a provincia. Invístese un total de 238.500 euros nesta iniciativa.