É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másMáis de 200 maiores gozarán a vindeira semana do #Depotermal da @depo_es
225 persoas maiores de preto de 20 concellos da provincia participarán ao longo da vindeira semanano programa ‘Depotermal’ da Deputación de Pontevedra, que promove o envellecemento activo e a mellora da calidade de vida das persoas de idade.
Trátase dunha iniciativa que se desenvolve dende setembro ata decembro de 2016, da que se están a beneficiar máis de 4.000 maiores da provincia a través de estancias en establecementos termais coa modalidade so diurna ou con aloxamento completo.
Dende 0 14 ata o 18 de novembro un total de 73 maiores gozarán dunha estancia diurna no Balneario de Mondariz chegados dende os concellos de Cangas, Moaña, O Porriño e Vigo. Ademais, outras 152 persoas participarán na modalidade nocturna achegándose ao Talaso Hotel Louxo (38 persoas), ao Talaso Atlántico de Oia (36 persoas) e, por último, ao Gran Hotel Talaso de Sanxenxo (78 persoas). Estas máis de 150 persoas proveñen de Agolada, Cangas, A Estrada, Gondomar, A Guarda, Lalín, Marín, Mos, Nigrán, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño, Salvaterra do Miño, Soutomaior, Valga, Vigo, Vilaboa e Vila de Cruces.
Durante este mes e no que queda de ano, máis de 4.000 maiores da provincia gozan do programa ‘Depotermal’ a través das súas dúas modalidades. Un total de 2.855 fano con aloxamento nocturno e 1.431 fan só uso da asistencia diúrna aos establecementos termais. Por primeira vez este ano reserváronse un total de 443 prazas para persoas con dificultades económicas ou en risco de exclusión que antes non podían acceder ao programa por motivos económicos.