Traballadores de Ferroatlántica empezarán este luns, día 21, un peche indefinido no Concello de Cee, en A Coruña, ata que o presidente do Goberno de Galicia manteña unha xuntanza con eles e se comprometa, en nome do Goberno, a que non se separará a empresa en dúas partes para proceder a súa venda.
Os representantes dos traballadores sinalan que o presidente Feijóo non se pode acoller xa o feito de que está en función e lembran que a finais do mes asado os traballadores acudiron a San Caetano e entregaron un escrito para pedir una reunión co presidente e, subliñaban, se a Xunta non quere non se pode vender a parte enerxética de Ferroatlántica, que a que da máis beneficios.