O presidente do Goberno de Galicia xustificou este xoves que Pemex non faga o segundo flotel en Barreras, como anunciara e dacordo co compromiso da firma mexicana, polos problemas que sofre por mor do afundimento dos prezos do petróleo.
Alberto Núñez Feijóo, quen no seu día prometeu que daría explicacones se a petroleira mexicana non cumplía o seu contrato, respondeu “enténdese perfectamente a decisión Pemex”, cando os xornalistas preguntáronlle por este tema na rolda de prensa que seguiu á reunión do Executivo.
O presidente explicou que Pemex, tal e como lle dixo o director de Pemex durante un xantar entreos dous, o pasado mércores, factura na actualidade “menos da metade” de cando aprobara a renovación da súa flota.
Dende agora, Pemex no comprará barcos e recurrirá ao alugueiro, se fose necesario.