Cultura

Arbo prepara o seu quinto certame galego de corais

O Concello de Arbo quenta motores para a celebración do V Certame de corais ‘Vila de Arbo’, que terá lugar o 14 de maio do 2017 pola tarde no Auditorio Segundo Gil Davila da localidade.

Poderán participar todas as agrupacións corais galegas que non sexan profesionais nin pertenzan a ningunha escola profesional ou semiprofesional de música, cun mínimo de 20 compoñentes, sen ningún tipo de acompañamento musical, soamente a capela.

No certame participarán un máximo de 7 agrupacións corais seleccionadas polo comité organizador. O xurado estará composto por personalidades do mundo da música que avaliarán afinación, técnica, interpretación e sonoridade.

As agrupacións interesadas poderán inscribirse ata o 17 de febreiro ás 15.00 horas. A obra obrigada nesta edición será ‘Morriña’, de José Fernández Vide.

Os gañadores levarán 800, 400 e 200 euros, ademáis dun premio Concello de Arbo Obra de Concurso galardonada con 100 euros.

También te puede interesar