Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer másCorenta obras, 27 millóns de euros investidos nelas e máis de 1.000 empregos creados na área de Vigo
Imagen:vigoalminuto.com/Ata en catro ocasións repetiu esta frase, este mércores en rolda de prensa, o concelleiro de Fomento, quen relatou as rúas que están humanizándose agora mesmo e adiantou as que empezarán a finais deste 2016 e nos primeiros meses do 2017.
David Regades citou entre as que están en curso, varias no centro, coma a de García Barbón, que estará rematada antes de Nadal, Tomás Alonso, Martínez Garrido, Avenida de Galicia, Luis Seoane ou Esperanto, e lembrou que hai rúas nas que se está a traballar en Lavadores, Cabral, Candeán, Saiáns, Oia, Coruxo, Navia, Alcabre, Valladares, Comesaña, Matamá, Castrelos, Sárdoma ou a Avenida de Galicia, “maila a que a súa titularidade é da Xunta que non quixo ocuparse dela, polo cal tivo que facelo o Concello”.
Regades indicou que entre finais deste mes e principios do que ven, estarán en obras San Roque, a subida ao Cemiterio de Puxeiros, Teis, Antón Beiras, Gregorio Espino, cun orzamento de máis de 500.000 €, Doutor Corbal, Rosalía de Castro ou Vía Norte, ademais da nova fase da bancada de Río, no Estadio de Balaídos, que “está orzamentado en 6,7 millóns de euros”.
A estas actuacións engadiu as que xa se licitaron e se adxudicarán nos primeiros meses do vindeiro ano, coma a nova fase do entorno da Avenida de Castelao, nas rúas Redondela e Porriño, Estornino, “cun orzamento de 1,1 millóns”, Camelias, entre Doutor Marañón e Juan Ramón Jiménez, Llorente, Bueu, Subida á Corredoira, en Castrelos, o segundo treito das escaleiras mecánicas de II República, na Porta do Sol, que teñen un prazo de execución de 6 meses, e o Aparcadoiro Municipal do Hospital Álvaro Cunqueiro, que terá un custo de 620.000€, “logo de que o Goberno de Galicia remitise o permiso que mantivo paralizado nun caixón durante mes e medio”.
Transporte Metropolitano
O concelleiro referiuse, ademais, ao transporte metropolitano e acusou aos responsábeis autonómicos de “trileros”, por incumprir os seus compromisos e intentar que o Concello pareza o culpable da paralización do mesmo. David Regades salientou que o compromiso da cidade era facerse cargo, dentro de Vigo, do custo do billete en Vitrasa da viaxe de entrada daquelas persoas que veñan de calquera dos concellos da Área Metropolitana, da viaxe de saída e dunha transferencia dentro da cidade.
“¿Qué pretende Feijóo, que os vigueses paguen todas as viaxes de todas as persoas da área Metropolitana dentro de Vigo? Se o que pretende Feijóo é que as viaxes sexan gratis total, algo no que estamos dacordo, terá que ser a Xunta a que asuma o seus custo, as viguesas e vigueses xa fan un grande esforzo asumindo o pago dunha viaxe de entrada, un transferencia e unha viaxe de saída”.
Para Regades este tema está moi claro no convenio asinado polo alcalde e subliñou que “cando o Goberno de Galicia non considera irse a un contencioso para que sexa un xuíz o que decida é porque sabe que non ten a razón”. Na súa opinión isto amosa que os dirixentes e cargos públicos do PP en Vigo “non teñen nin a cabeza nin o corazón nesta cidade, os teñen en Santiago…o Goberno local ten a cabeza, o corazón e a alma en Vigo e toma as súas decisións aquí: en Vigo”.