Segundo informa o Concello de Arbo, a Consellería de Medio Rural, a traveso da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, asumirá a execución, dentro do Plan de Emerxencias 2016 con cargo aos seus orzamentos, as obras de infraestruturas rurais do Plan de Emerxencias 2016, nos camiños de Sabugueiro e A Barreira cun orzamento 59.956,71 €.
As obras que se pretenden levar a cabo teñen por obxecto reparar e mellorar as condicións de uso dos camiños, facilitando as labores que teñen que levar a cabo os veciños a través do uso do mesmo.
Os traballos acometerán a limpeza, a colocación de tubaxe de regadío soterrada PVC 300 milímetros e realización de arquetas, a colocación de muros de contención e a reparación do camiño público mellorando pavimento con apartacións de formigón.