É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másVigo sairá este mércores á rúa para berrar que #ApobrezaEnerxéticaMata
Varios movementos e organización sociais convocan para este mércores, día 21, unha manifestación contra a Pobreza Enerxética, segundo informa a Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH).
A mobilización sairá ás 8 da tarde de Vía Norte baixo o lema ‘A pobreza enerxética mata!’ e rematará no MARCO coa lectura dun manifesto por parte do escritor Gustavo Luca de Tena, na que se pedirá a prohibición legal de “todos os cortes de luz ás familias con problemas económicos”.
A PAH tamén sinala que as organizacións convocantes esixen poñer fin aos abusos das tarifas, a creación dunha tarifa galega, a creación dunha ‘tarifa social’, pagada polas compañías eléctricas, o recoñecemento e devolución por estas empresas dos 3.500 millóns de euros que cobraron indebidamente en concepto de Costes de Transición á Competencia (CTCs) e, por fin, piden unha auditoría ao sistema eléctrico e a aplicación do IVA super reducido á electricidade por considerar o subministro un “servizo esencial para a cidadanía”.
Na actualidade a ‘pobreza enerxética’ afecta a 100.000 fogares galegos, unhas 300.000 persoas en Galicia, que teñen dificultades para afrontar o pago do recibo da luz a causa da precariedade salarial, o aumento das “infravivendas”, os “elevados prezos” da enerxía e as solucións “insuficientes” por parte das administracións públicas.
Os convocantes lembran o caso de Rosa, unha muller de 81 anos que morreu hai semanas en Reus nun incendio causado por unha das candeas coas que tiña que alumear a casa dende dos meses antes.