Este Nadal chega unha nova edición do programa ‘Unha bici, un sorriso’, un proxecto solidario impulsado pola asociación A Golpe de Pedal e polo Concello de Vigo a través do que se recollen bicicletas en desuso que se poñen a punto para ser entregadas a familias con poucos recursos.
Aínda que o programa funciona todo o ano, en Nadal faise unha entrega especial. Así, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo un chamamento a todos os vigueses a que doe as bicicletas que non use para que se poidan arranxar e entregar a outras familias. Toda a información, no teléfono municipal do 010.
No que leva funcionando, o programa xa ten recollido máis de 1.300 bicicletas, das que se repararon o 80% e o resto foron empregadas para reutilizar as pezas. Ao longo do ano o Concello doa ás familias entre 60 e 70 bicicletas, cunha entrega especial coincidindo coa chegada dos Reis Magos.
No proxecto cooperan nestes momento 15 tendas viguesas: Anca, Biciocon, Bicitotal (Coruxo e Travesas), Cero Emisiones, Cromoly, Duranbike, Galicia en Bici, Gonzalo Aguiar, Máis que bicis, Nbike, SportPAsion, Trek, VigoBike e Xtrembike, que ademais de encargarse das reparacións funcionan como punto de recollida das doazóns.