É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másO programa ‘En Ruta coa Depo’, elaborado polo Servizo de Cohesión Social e Xuventude da Deputación de Pontevedra, celebra este martes a súa última saída. Nesta quenda, que dá peche a esta iniciativa social de alternativas de ocio saudable e participativo, participarán 38 persoas da asociación ‘Escravas da Virxe Dolorosa’, de Crecente, que visitarán o conxunto histórico de Pontevedra, ademais de coñecer o espazo do Museo de Pontevedra da institución provincial e dar un paseo pola Illa do Covo, tamén coñecida como a Illa das Esculturas.
En total, foron preto de 19.000 persoas as que gozaron deste programa dende principios de outubro ata esta mesma semana, e outras 4.000 quedaron en lista de agarda.
Neste programa, os participantes puideron realizar unha das 23 rutas que se organizaron ao longo de toda a provincia: o conxunto histórico de Cambados, adegas da D.O. Rías Baixas, as pesqueiras aos dous lados do Miño, Salvaterra do Miño, o Mosteiro de Carboeiro e a fervenza do Toxa en Silleda, o Museo A Solaina e o pazo de Liñares en Lalín, Santa Trega na Guarda, o conxunto histórico de Tui, o Parque da Natureza do Río Barosa en Barro, un paseo pola ría de Arousa con saída no Grove, a Illa de San Simón, o casco vello e o barrio mariñeiro de Vigo, as Illas Cíes, a Illa de Ons, Bueu, o paseo marítimo de Baiona, o conxunto histórico, as instalacións da Deputación na capital provincial ouo campo rupestre de Campo Lameiro, entre moitas outras.
Son saídas por lugares emblemáticos da provincia con distintos tipos de propostas para todos os públicos: rutas dinámicas e activas para a xente máis nova, rutas interxeracionais para anpas e familias, rutas adaptadas para persoas con mobilidade reducida, rutas marítimas e rutas por enclaves singulares… Unha variedade de alternativas de ocio e tempo de lecer dinámico e saudable á poboación xuvenil da provincia así como o asociacionismo xuvenil e, ademais, promovendo rutas destinadas ás entidades de nais e pais que fomenten a convivencia e o intercambio de experiencias nas que participen activamente as nenas e nenos.