Estará en el antiguo edificio de los juzgados, que se reformará completamente
Leer más@depo_es aproba un orzamento de 152,4 millóns para o ano 2017
O Pleno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe definitivamente o proxecto de orzamentos de 2017 que conta con 152,4 millóns de euros que se achegan ate os 155 sumando os de todos os organismos dependentes da institución provincial.
En relación co ano 2016, as contas para o ano que ven medran nun 2,2%, sendo continuista nas liñas políticas sinaladas nos pasados 12 meses.
O resumo das grandes cifras do orzamento se poden concretar no “apoio aos concellos o través do “Plan Concellos 2017” cunha partida de 41,2 millóns”, máis as liñas de axuda noutras áreas como son a implantación de novas tecnoloxías, o Plan Revitaliza, ou a protección de montes, entre outras, “que a suman para asistencia económica e tecnicamente ós concellos se reserven 49 millóns de euros”.
A outra gran partida do orzamento é a destinada a emprego, actividade económica e infraestruturas cun total de 34,5 millóns de euros en medidas que “apoian e fomentan o crecemento do emprego provincial. Esta partida representa o 22,6% do orzamento, un 2,6% máis que no 2016”. No que atangue ao emprego, a Deputación adicará no 2017 máis de 13 millóns ao fomento do traballo, unha dotación terá complemento nas axudas ás empresas, especialmente Pemes, para que poidan aumentar o seu persoal.
Cohesión social, cultura, xuventude e deportes, forman o terceiro grupo das inversións da Deputación para o ano que achega e 5,5 millóns de cara a garantir o impulso dos servizos sociais; tamén a xuventude, a través do centro da Lanzada contará cun 6% máis de orzamento e 10,9 millóns se destinarán ó Centro Príncipe Felipe, aos que hai que engadir o orzamento do Servizo de Igualdade: en total, 32,4 millóns, “o 21,1% de todo o prespuposto provincial e un 12% máis que no 2016”.
Catro millóns garantirán a continuación cun modelo que “debe reforzar o pulo a unha atracción turística integral que vai rachando coa perspectiva estacional limitada e baseada nos tópicos de tratamento da provincia que estaban ao uso”.
En canto a promoción da lingua e da cultura, aprobouse unha partida de 3,7 millóns, un 6,5% máis que no 2016, e a xestión do Museo e o patrimonio documental e bibliográfico recibirá máis de 6 millóns de e. O Museo recibirá un 4% máis que no 2016 e a Escola de Cantería tamén incrementará un 4,5% o seu orzamento.