Cultura

#Feliz2017 Este ano pecha con récord de peregrinos no Camiño de Santiago: máis de 278.000

O ano 2016 foi un ano histórico para o Camiño de Santiago xa que o completaron un total de 278.041 peregrinos. Isto supón superar por vez primeira a cifra do Xacobeo 2010 e rexistrar un incremento do 5,99% con respecto aos peregrinos que acudiron á oficina do peregrino no ano 2015.

O número de peregrinos estranxeiros supuxo máis do 55% do total, concretamente contabilizáronse 153.726 peregrinos internacionais na oficina de Santiago. As procedencias foron moi diversas, contabilizándose un total de 146 países de orixe distintos o que amosa a gran capacidade do Camiño para atraer visitantes de todo o mundo. Despois de España, o país do que procederon mais peregrinos no ano 2016 foi Italia. Tras Italia, o ranking dos 10 principais países emisores de peregrinos estranxeiros continua con Alemaña, Estados Unidos, Portugal, Francia, Irlanda, Reino Unido, Corea, Australia e Brasil. Tamén ocupan postos relevantes países como Canadá que se sitúa no posto duodécimo, de onde acoden mais peregrinos internacionais.

No relativo aos camiños, a ruta que segue sendo a mais demandada é o Camiño Francés. En total 176.180 peregrinos realizaron esta Ruta representando máis do 63% do total dos peregrinos que chegaron a Santiago.

Tras o Camiño Francés, o Camiño máis transitado foi o Portugués con mais de 52 mil peregrinos, o que representa o 18,76% do total. A estas dúas rutas séguenlle o Camiño do Norte que ten un peso sobre o total do 6,23%, o Primitivo cun 4,35%, o Inglés cun 3,49% e a Vía da Prata cun 3,26%.

You may also like