O alcalde visitou o parque central de Lavadores, onde se almacenan as bicicletas doadas pola cidadanía para o programa, promovido polo Concello, a asociación A Golpe de pedal e 15 establecementos de Vigo, ‘Unha Bici, un sorriso’.
Ainda que este programa é anual, toma unha especial relevancia nas datas de Nadal por canto o mesmo recolle bicicletas en desuso as arranxa e as entrega a familias da cidade que as precisen para os seus cativos.
No proxecto cooperan nestes momentos 15 tendas viguesas: Anca, Biciocon, Bicitotal (Coruxo e Travesas), Cero Emisiones, Cromoly, Duranbike, Galicia en Bici, Gonzalo Aguiar, Máis que bicis, Nbike, SportPAsion, Trek, VigoBike e Xtrembike, que amais de encargarse das reparacións funcionan como punto de recollida das doazóns.
Os cidadáns interesados en participar poden facelo en calquera destas tengas ou chamando ao teléfono 010.