É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másCaballero di que haberá un Vitrasa de Teis ao Cunqueiro pero rexeita recibir á Asociación de Veciños
O alcalde asegurou este mércores que, como reclama a Asociación de Veciños de Teis, haberá un Vitrasa que vaia dende a parroquia ata o Hospital Álvaro Cunqueiro, iso si, Abel Caballero non recibirá aos representantes da asociación de veciños porque, sinalou “fai política coa CIG”.
Caballero repetiu que o seu goberno estuda o xeito para que haxa conexión entre “o hospital privado de Feijóo” e todas as parroquias, non so a de Teis pero, lembrou, o feito de que o hospital estea na súa ubicación supón un custo moi grande en trasporte, de feito sinalou que os buses que levan ao Cunqueiro obrigan ao Concello a facer un desembolso de 500.000€ anuais.
Logo de que os representantes dos veciños de Teis se achegasen ata o Rexistro Municipal levando un Vitrasa de cartón e presentasen no mesmo unha solicitude de entrevista co propio Caballero e coa concelleira de Transporte, Ángeles Marra, o alcalde rexeitou ter unha xuntanza coa Asociación de Veciños de Teis e logo de preguntarse “¿por qué non lle esixen a Feijóo que poña un aparcamento de balde no Cunqueiro?”, comentou que “non vou facer política coa CIG…xa presentaron un candidato ás municipais-en referencia a Serafín Otero, ex secretario comarcal deste sindicato- e asi lles foi”.
Pola súa banda, o voceiro da Asociación advertiu que logo de manifestarse e entregar preto de 4.000 sinaturas para que haxa un bus ao Cunqueiro , “non se fixo nada”, polo cal seguirán as protestas para que os veciños de Teis non teñan que coller,” cando menos, dous buses e facer un traxecto dunha hora para chegar ao hospital”.