Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer másSó 5.331 contratos laborais dos 71.080 que se asinaron en Galicia en decembro foron indefinidos, un 7,5% do total
Dacordo cos datos do paro difundidos este mércores polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, o 92,5% dos contratos laboráis asinados en Galicia o pasado mes de decembro foron temporais, por so un 7,5% que se acolleron a alguna das modalidades de contratación indefinida.
En concreto, dos 71.080 contratos formalizados o mes pasado na comunidade, 65.749 foron temporais, e deles preto do 27%, é dicir 17.752, por un tempo máximo dunha semana, e so 5.331 foron indefinidos.
Este feito explica o aumento da filiación á Seguridade Social en medio punto o últimos mes do ano pasado: hai una baixa duración dos contratos e unha alta rotación que, dacordo cos sindicatos, “fai que varios traballadoress compartan un mesmo emprego ao longo do ano. Isto fai que medre a afiliación á Seguridade Social, pero a costa de precarizar o mercado laboral”.