Vigo al minuto

O deputado Abel Losada pide á presidenta do PP de Vigo que “saia a rúa e explique porque defende á Xunta e non aos vigueses”

O deputado Abel Losada insta á voceira do PP de Vigo, Elena Muñoz, a saír á rúa para explicar que o que quere é que os vigueses paguen as viaxes en bus dos veciños de Mos. “O que ten que facer a señora Muñoz é convocar aos vigueses para contarlles que a súa intención é que, cos seus impostos, se sufraguen as viaxes que os cidadáns de Mos fagan en autobús por Vigo”.

Losada insiste na necesidade de que a presidenta do Partido Popular de Vigo explique á xente de Vigo, “cara a cara”, porqué quere que pague a cidade o que lle corresponde pagar á Xunta de Galicia.

Na súa opinión, “Elena Muñoz, unha vez máis, defende á Xunta frente a Vigo porque para iso foi elixida como presidenta do PP local, con apoio de Feijóo e de Rueda, para que Feijóo invite e Vigo pague”.

Elena Muñoz, engade Losada, permanece “na política de hai 20 anos cando se menospreciaba Vigo e non pasaba nada”. Agora, rematou o deputado, hai un goberno municipal que defende Vigo e os seus intereses.

También te puede interesar