Centos de persoas sairón á rúa en Navia para esixir máis profesionais para o centro de saúde. Os colectivos apostan por un reforzamento da atención primaria para rematar cos problemas asistenciais da área sanitaria viguesa.
A marcha saiú da Teixugueiras pasadas as 7 da tarde con dirección ao centro de saúde co obxectivo de reclamar a dotación de máis persoal para rematar cos problemas asistenciais que padece a parroquia en particular e a área sanitaria viguesa en xeral. En concreto, para Navia demandan 4 novos médicos, 2 pediatras e alomenos 4 enfermeiros.
Os colectivos convocantes da manifestación, a Xunta de Persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHIVI) e a plataforma SOS Sanidade Pública, subliñan que a falta de persoal na atención primaria “é ben coñecida por todos pois sufrímola cando pedimos cita para acudir a unha consulta de medicina de familia, de enfermaría ou necesitamos fisioterapia, situación que se agrava cando precisamos acudir ás consultas de pediatría”.
Os recortes en sanidade merman a calidade de atención por falta de medios, materiais e persoais. #SOSSanidadePública pic.twitter.com/g1ZFmJ04sg
— Podemos Galicia (@Podemos_Galicia) January 11, 2017
Como sinalouse no manifestó lido ao final da mobilización, “as causas desta situación son os recortes das prazas das e dos profesionais que estaba previsto crear no Plan de mellora de Atención Primaria, e o incumprimento da promesa electoral do Partido Popular de construír 4 novos centros de saúde en Vigo”.
“A isto temos que sumarlle e a mala planificación nas necesidades dos profesionais, no caso da pediatría é un feito evidente, temos poucos profesionais da pediatría formados cada ano e non permiten cubrir nin as xubilacións que se producen no sistema”.