Deportes Vigo al minuto

A Asociación de Veciños de Teis amosa a súa oposicion a que o Concello cubra a piscina da ETEA

Imagen:vigoalminuto/A Asociación Veciñal de Teis, reiterou este xoves a súa oposición a decisión de cubrir a piscina da ETEA. A xunta de goberno local do pasado 30 de decembro de 2016, decidiu adxudicar a obra a empresa Xestión Medio Ambiental de Contratas, por un importe de 330.000€, que inclúe varios traballos o máis importante cubrir a piscina.

“Esta Asociación, sempre defendeu a recuperación de todas as instalacións deportivas que funcionaban cando estaban os militares. Que as diferentes administracións, permitiron que se deterioran, incluído obviamente o Concello de Vigo”.

Os responsabeis da asociación pregúntanse “¿que foi de todos os anuncios e promesas de Abel Caballero, de abrir todas as instalacións deportivas incluída a piscina, ao longo destes dez anos como alcalde e incluso cando aínda era un candidato?” e lembrar que incluso hai acordos do Pleno municipal aprobados polo grupo de goberno, que unha vez máis fican en papel mollado.

Os veciños engaden que non só se falou por parte do alcalde de recuperar a piscina, incluso se chegou a falar de converter a piscina nun “centro de auga salgada”.

A xuizo da Asociación de Veciños, non é un problema de gasto da piscina, é un problema de capacidade de xestión. “Cando se negociou co Consorcio de Zona Franca, un acordo para recuperar as instalacións deportivas e o Concello só conseguiu 850.000€, cantidade que daquela nós xa denunciamos que era insuficiente para recuperar todas as instalacións deportivas”.

Para os veciños non é lóxico que incluso se chegou a investir diñeiro na piscina e agora fale de eliminarse. “A piscina, pode ter diferentes usos como por exemplo natación sincronizada, waterpolo, spa ou impartir cursos de natación. O que ten que existir é vontade política”.

Os veciños de Teis subliñan que mentres outros barrios e parroquias contan con spa urbano ou ximnasio  a través dos centros ” Máis que Auga”, “no caso destas instalacións eliminase a piscina, con esta decisión perde Teis e a cidade”.

También te puede interesar