Imágenes:vigoalminuto/A humanización, que xa está en marcha, estenderase desde Sanjurjo Badía ata Camiño Maceiras e conta cun orzamento de 468.000€. Cun prazo de execución aproximado de seis meses, os traballos abranguen a ampliación de beirarrúas -ata 3 metros-, mentres que diante do colexio San José da Guía, ampliarase a 6 para dar cabida a un aparcamento de bicicletas. Polo que se refire ao tráfico, tamén se establecerá un plan de entradas e saídas do centro educativo para facilitar a circulación na zona.
Segundo sinalou este xoves o alcalde, renovarase a rede de abastecemento, separaranse pluviais e fecais, instalarase rego automático e novo mobiliario. Os semáforos levarán ópticas de leds de verde de peón con sistema acústico para invidentes integrado -activable por bluetooth ou mando a distancia-. Plantaranse árbores nas beirarrúas e se colocará un poste de aceiro inoxidable unha estación meteorolóxica, que ademais de captar datos, terá finalidade didáctica.
Abel Caballero engadiu que tamén se colocará unha placa de bronce conmemorativa, en homenaxe ó Doutor Cesáreo Corbal (1885 – 1952), que desenvolveu a súa labor profesional no barrio de Teis e era coñecido como o “médico dos pobres”, que con gran xenerosidade atendía desinteresadamente á xente sen recursos. Esta placa levará inscrita una breve biografía do doutor e unha imaxe súa.