É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másA Asociación de Veciños de Teis convoca unha manifestación este martes, día 17, para pedir un bus ata o Cunqueiro
A Asociación Veciñal de Teis convoca unha nova manifestación este martes 17 de xaneiro ás 7 da tarde, dende o Mercado de Teis, para reivindicar do Concello, un autobús directo de Teis ao Hospital Alvaro Cunqueiro.
Esta será a septima manifestación convocada, ademais da presentación no Concello de 3.654 sinaturas, o pasado mes de novembro. “Levamos mobilizándonos desde setembro de 2016, e aínda non sabemos cando teremos unha liña de autobús desde Teis ao hospital Alvaro Cunqueiro. O alcalde fala desde fai meses de estudos, que aínda non esta realizado. Non é a primeira vez que fai anuncios, que logo non se concretan e en Teis sabémolo ben: piscina da ETEA, biblioteca e outros”.
Dende a apertura do novo hospital Álvaro Cunqueiro, disto fai máiss dun ano, as queixas son continuas da veciñanza que utiliza o autobús urbano cara o novo hospital desde Teis.A veciñanza ten que desprazarse ate a Casa das Artes, en García Barbón, para coller a liña H1, ou até os Choróns , para tomar a H2 para poder conseguir un enlace para ir ao Cunqueiro. Os veciños critican que non haxa liñas que pasen ou saia da parroquia de Teis e que o H1, non funciona nin sábados, domingos e festivos.
“Debemos ter en conta que unha parte importante dos usuarios son persoas maiores e supón un problema ter que coller varios autobuses, os domingos e festivos e chegar ao Álvaro Cunqueiro supón un esforzo enorme para visitar aos familiares. Temos un hospital con moitas deficiencias e a maiores carecemos dun bo transporte urbano que nós permita chegar ao hospital dende Teis”.
Por isto, “o goberno municipal debe esixir a Vitrasa que mellore este servizo debidamente e que atenda as demandas da veciñanza de Teis. Por iso, dende a Asociación Veciñal de Teis, propoñemos que a liña H2 e H1 sexan ampliadas até Teis e que a liña H1 funcione os sábados, domingos e festivos e cunha frecuencia de 30 minutos”.