O conselleiro de Facenda ratificou este luns que o obxectivo da Xunta para este ano é o de convocar, cando menos, 3.000 prazas de emprego público para reforzar os servizos que da a administración galega aos cidadáns, empregos que se crearán en Sanidade, Educación e Servizos Sociais.
No Pleno do debate dos orzamentos da Xunta, no Parlamento de Galicia, Valeriano Martínez salientou que esta obxectivo é unha “previsión prudente” posto que o número de prazas podería aumentar se o Estado habilita ás comunidades para incrementar a ‘taxa de reposición’.