Imágenes:vigoalminuto/Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, presenta arestora en FITUR o ‘Camiño Portugués pola Costa’, que é o fío condutor que permitirá á institución divulgar os atractivos turísticos de 15 concellos polos que transcorre esta ruta e as principais experiencias turísticas que se poden desenvolver mentres se percorre o camiño.
A Deputación seleccionou o Camiño pola Costa porque, como sinala Silva “estamos convencidas e convencidos de que se converterá nun referente clave para o turismo na provincia e que ten no Océano Atlántico, o elemento diferenciador que a distingue do resto do Camiño e a converte nunha experiencia inesquecible”.
A presentación de Turismo Rías Baixas en FITUR, na que participa a presentadora da TVG Nieves Rodriguez, está sendo retransmitida en streaming a través da web www.depo.es e das redes sociais da Deputación,e tamén desde vigoalminuto.
A mesma acompáñase de vídeos promocionais e da música de Teo Cardalda, quen canta o tema “Un lugar en el mundo” que compuxo especificamente para promover o destino Rías Baixas.
Todos os elementos promocionais realizados pola Deputación para a feira converten en protagonistas ós quince concellos polos que transcorre o Camiño Portugués pola Costa –A Guarda, O Rosal, Oia, Baiona, Nigrán, Vigo, Redondela, Soutomaior, Vilaboa, Pontevedra, Barro, Portas, Caldas, Valga e Pontecesures-, dando a coñecer o seu patrimonio histórico, as tradicións ligadas ó mundo pesqueiro, os ecosistemas sostibles, a arqueoloxía, os cascos históricos, o enoturismo e o termalismo.
Amais, a todas as persoas presentes se lles entregou un caderno de viaxe e un ‘elemento sorpresa inédito en Fitur’, descargándose una APP Rias BaixasRA poniéndo el teléfono móvil encima de cualquier foto es posible ver algunos de los paisajes más impresionantes de las Rías Baixas que –segundo salienta Carmela Silva- “é un xeito creativo e único de dar a coñecer Pontevedra, converténdonos, unha vez máis, nunha provincia innovadora, xa que ten que ver coas novas tecnoloxías, coa aposta que ten este novo goberno da Deputación por transmitir unha imaxe vangardista”.