Comarcas

@depo_es investiu o ano pasado más de 610.000€ en Arbo

A Deputación de Pontevedra investiu no Concello de Arbo en 2016 un total de 610.882,08 euros –unha media de 220,54 € por habitante-. Segundo o organismo provincial, este municipio recibiu un total de 428.497,84 euros do “Plan Concellos 2016”, 90.182,66 euros máis que en 2015, o que supuxo un 26,65% de incremento. Ademais do “Plan Concellos”, a institución provincial investiu 41.875,27 € en mobilidade, 46.773,57 € en cohesión social e xuventude, 20.552,99 € en cultura e lingua, 20.045,76€ para o fomento do emprego, 2.700,00 € para o impulso do deporte, 4.587,50 para medio ambiente e outros 4.541,65 € para a igualdade.

En concreto, a través da liña 1 do “Plan Concellos”, investíronse 252.935,08€ para subministracións varias para servizos municipais; actuacións en camiños de Tallo-Quinteiro, Teimede e Fichua; muro de contención en Sela e Ermida e canalización de regato en Correlo; adquisición de tractor; ampliación da rede de saneamento en Cabeiras e mellora da rede de abastecemento en Almuíña e Coto.

Na liña 2 destináronse 11.483,38 euros a amortizacións, en concreto para o pagamento dunha factura a Sogama e gasto corrente e acredores.

Ademais,recibiu 13,256,17 euros na liña 3 destinados a un concurso de carteis para a Festa da Lamprea, IV Certame de Corais Vila de Arbo, Entroido Arbo 2016, Torneo de Fútbol Vila de Arbo, Verán Cultural 2016, servizo de atención psicolóxica e Divertilandia 2016.

Grazas á liña 4,creáronse 15 postos de traballo nos servizos municipais, cun investimento de 75.823,20€.Así mesmo, Arbo recibiu 38.927,20 euros do II Plan de Emprego e 2.380,30 euros para un plan de equipamentos deportivos.

Á marxe do “Plan Concellos 2016”, Arbo recibiu 20.552,99€ para o fomento da cultura e a lingua,con 26 actuacións do Pontegal e 1 do Ano Castelao, a sinalización do patrimonio histórico e a memoria histórica e as axudas á dinamización lingüística.

Tamén se destinaron 46.773,57€ para cohesión social e xuventude, ben a través dos servizos sociaiscomunitarios municipais, axudas básica de emerxencia, ou ben mediante os programas“En Ruta coa Depo”, “Tecendo Lazos”, “Depo en Marcha”. “DepoTermal” e“Depo Aventura A Lanzada”, no que participaron 6 nenas e nenos do concello.

Do mesmo xeito,Arbo recibiu 2.700,00 € para a participación dun club na Copa de fútbol da Deputación de Pontevedra e para as escolas deportivas provinciais de fútbol e patinaxe. Outros 20.045,76 € destináronse ao fomento do emprego a través dos Plans de Práctica Laboral, que están a permitir que dúas persoas puideran desenvolver a súa primeira experiencia laboral no Concello de Arbo.

Tamén se achegaron 4.541,65€ para o fomento da igualdade a través de tres actividades do programa “Conectadas 2016” e das axudas aos concellos de menos de 20.000 habitantes para o fomento da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e a prevención da violencia machista. Finalmente destináronse outros 41.875,27€ en materia de mobilidade, en concreto para o “Plan Móvese” e as obras de sinalización horizontal nas vías provinciais. No ámbito do medio ambiente destináronse 4.587,50 para a implantación dun sistema de calidade que propicie a apertura a novos mercados das Bodegas Eidosela.

Neste ano 2017 Arbo recibirá 423.568,62 euros do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, cartos aos que haberá que engadir todas aquelas axudas dos diferentes servizos e áreas da Deputación aos que pode concorrir o Concello.

También te puede interesar