Galicia

Fin de semana sen mortos nas estradas galegas nas que houbo 64 feridos en 48 accidentes

O 061 asistiu durante a fin de semana a 64 persoas debido a 48 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 3 da tarde do venres ata a medianoite pasada.  A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 55 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 48 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 64 persoas.

Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 22 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 66. Así, a ambulancia medicalizada acudiu en seis sinistros, o helicóptero medicalizado atendeu nunha ocasións, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 48 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en catro ocasións. As ambulancias convencionais asistiron en sete sinistros.

En 54 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 10 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente sen necesitar traslado.

También te puede interesar