É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másO Goberno local proxecta un Carril Bici de 10 quilómetros de Teis a Samil
Un carril bici de 10 quilometros de percorrido dende Teis a Samil. Este é o proxecto que o alcalde presentou este martes ás principais asociación ciclistas da cidade e aos xornalistas, adiantando que a súa intención é que parte do mesmo estea aprobado antes do remate do mandato desta Corporación en maio de 2019.
Abel Caballero subliñou que o trazado será “na súa inmensa maioría” exclusivo para bicicletas, mais contará con algún treito de uso conxunto con coches e con peóns. Neste último caso, os espazos estarán “claramente diferenciados para darlle o máximo de seguridade” aos viandantes; onde se comparta cos vehículos, “calmarase” o tráfico con velocidades máximas de ata 30 quilómetros por hora.
Abel Caballero salientou que este será o primeiro carril bici que promova o Concello de Vigo, que xa planifica conectalo con outros carrís adicionais, como un pola costa que tamén una Teis e Samil, pechando así un circuito ciclista duns vinte quilómetros. O goberno local tamén contempla carrís que partan do principal para que a bici sexa outro modo máis de transporte urbano.
O percorrido deste carril bici irá, saindo dende Samil, pola marxe esquerda da Avenida de Europa, onde se construirá o propio carril e tamén unha beirarrúa da que carece actualmente o vial; seguirá pola Avenida de Castelao, entre o arborado e a zona verde, baixando na Praza de América ao paso de peóns da rúa Coruña para subir por Camelias tamén pola parte esquerda.
O carril atravesará a Praza de Independencia e continuará pola mesma marxe da Avenida das Camelias, pasará fronte ao Concello pola pequena praza sobre Blein Budiño e irá por Venezuela, respectando o gran parque infantil proxectado, atravesará a Gran Vía, seguirá por Venezuela ata Pizarro e percorrerá a Travesía de Vigo, onde haberá zonas de calmado de tráfico con velocidade máxima de 30 quilómetros por hora, para ir ata Buenos Aires e finalizar no inicio de Sanjurjo Badía.