Jesús Carrera, de 24 años, natural de Casaio de Valdeorras, en Ourense, xogador do equipo de fútbol sala Pizarras Los Tres Cuñados, de O Barco, que viaxaba co seu irmán a Segovia, para xogar un partido, morreu este sábado nun accidente de tráfico no concello de Toral de los Vados, en León. O accidente consistiu non golpe frontal no que o irmán de Jesús, resultou ferido e evacuado en helicóptero.
O sinistro, no que o condutor doutro vehículo tamén resultou ferido, produciuse sobre as 2 e media da tarde: os dous coches impactaron de fronte á altura do quilómetro 429 da N-120.
Ata o lugar achegáronse axentes da Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Ponferrada e Emerxencias Sanitarias, que mandaron un helicóptero medicalizado, e unha ambulancia de Soporte Vital Básico.
O persoal sanitario confirmou a morte do deportista e atendeu ao seu irmán e a persoa que viaxaba no outro coche, e que foron trasladados ao Hospital do Bierzo.