Deportes

Gran participación no inicio das Ligas Linco Concello de Vigo organizadas polo Seis do Nadal-Coia de Baloncesto

O pasado venres día 27 de xaneiro do 2017 tivo lugar no pavillón de Navia a presentación dos equipos e participantes das Ligas LINCO Concello de Vigo 2017 organizadas, unha tempada máis, polo Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia co apoio do Concello de Vigo.

Preto de 200 xogadores e xogadoras xunto aos máis de 20 monitores saltaron á pista coa nova camiseta que vestiran ao longo das competicións interesoclares desta tempada. Un total de 19 equipos formados por rapaces e rapazas dos colexios CEIP Seis do Nadal, CEIP Illas Cíes, CEP Doutor Fléming, CEP Celso Emilio Ferreiro, CEIP Pintor Laxeiro e CEIP Javier Sensat, e das tres Escolas Deportivas Municipais do Berbés, Balaídos e Navia; competirán a partir do próximo venres día 3 de febreiro nas novas Ligas LINCO Concello de Vigo.

Tamén estivo presente en Navia o grupo de árbitros destas dúas novas edicións, formado por xogadores dos combinados federados da entidade viguesa das categorías cadete, júnior e sénior que aproveitarán as Ligas LINCO para formarse como árbitros de baloncesto.

Para iniciar os primeiros dos partidos amigables deste curso estiveron presentes na xornada o alcalde Caballero, o concelleiro de Deportes; Concepción Martins, Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal; Ramón Román, directivo do club; e Sergio González, Director Deportivo da entidade.

A partir do próximo venres día 3 de febreiro dará comezo a competición oficial das Ligas Internas de Colexios. A primeira xornada da 15ª Liga LINCO 2017 terá lugar no pavillón de Navia desde as 16:15 ata as 18:00 horas, sendo a celebración dos primeiros partidos da 8ª Liga LINCO XL no polideportivo de Balaídos de 18:00 a 19:00 horas.

También te puede interesar