Os veciños de As Neves volven a ter luz. O alcalde nevense, Xosé Rodríguez Méndez, sinalou este domingo que “podemos dar por pechado o lamentable episodio de corte tan prolongado do subministro eléctrico” que, nalgún caso tivo a ducias de veciños sen subministro dente a madrugada do venres ata hoxe á hora de xantar.
Moitos deles optaron por alugar equipos xeradores de gasóleo que, como sinalou algún deles, teñen un custo de entre 120 a 200 € diarios, máis o combustible. Nestas vivendas estes xeradores eran necesarios porque neles hai comida para semanas almacenada en conxeladores.
O alcalde afirmou que ás 10 e media da mañá, repúxose a electricidade en Liñares e parte da Chan de Tortoreos, e á 1 e media nas puntaleiras de Vide.
Rodríguez Méndez agradeceu a “paciencia das veciñas e veciños, o labor dos traballadores municipais, das empresas Hermanos López e Elect. Condado, que contribuíron decisivamente na resolución dos graves problemas que enfrontamos”.
O alcalde aconsella aos veciños que valoren todos e cada un dos problemas que lle teña ocasionado este episodio e que dean parte deles as súas compañías aseguradoras. “No suposto de non ter póliza de Seguro no Fogar, os danos causados pola falla prolongada de subministro hai que reclamalos directamente a Fenosa”.