Co voto do Partido Popular chegou para aprobar os orzamentos de Galicia para 2017. Os populares rexeitaron as 1.113 enmendas que presentaron os grupos da oposición o que valeulle ao PP os cualificativos de ‘soberbios’ e ‘arrogantes’ por parte dos demáis grupos da Cámara.
En conxunto, as contas suman 9.063 millóns de euros- 259 millóns máis que en 2016– que, segundo o voceiro parlamentario popular, conforman uns orzamentos “expansivos, prudentes e equilibrados” que, indicou farán que Galicia medre e que sexa posible unha redistribución que faga que ningún galego teña problemas.
Pedro Puy subliñou non houbo arrogancia algunha por parte do Goberno e puco coma exemplo da dificultade de pactar as contas anuais os exemplos dos concellos de Pontevedra e Vigo e a Deputación pontevedresa.
O voceiro de En Marea afirmou que Galicia non está na recuperación senón “ante a consolidación dunha estafa” e avogou por polo fin dos privilexios e unha aposta real polas políticas de igualdade que, coma, sinalou, recollían as enmendas do seu grupo para loitar contra a pobreza enerxética, os desafiuzaemntos ou favorecer o desenvolvemento do sector primario.
Xoaquín Fernández Leiceaga, do PSdG, comentou que aos orzamentos de Feijóo faltáballes ambición e confianza xa que, dixo, non reflicten a recuperación económica, e apostou por contas que ofrezan oportunidades de emprego. Leiceaga acusou ao Goberno de non ser quen de facer que os recursos cheguen aos que máis os precisan.
Por último, a voceira do BNG esixiu a creación dunha tarifa eléctrica galega, unha política real no eido industrial, o apoio á automoción e, subliñou Ana Pontón, unha “defensa dos dereitos das maiorías”.