Vigo al minuto

O Servizo de Medicina Nuclear da Área de Vigo estrea novo equipamento tecnolóxico

O servizo de Medicina Nuclear do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI), emprazado no hospital Meixoeiro, ven de por en funcionamento un novo equipamento tecnolóxico. Trátase  dunha nova tomogamacámara SPECT-TC; isto é, un sistema híbrido que permite fusionar a imaxe estrutural ou anatómica do escáner coa imaxe funcional da gammagrafía, o que proporciona un resultado de maior precisión.

Segundo explicoou o xefe de servizo de Medicina Nuclear do CHUVI, Luis Campos “este equipo leva incorporado un escáner avanzado de catro cortes, posibilitando localizar anatomicamente e con maior precisión a orixe da lesión. Esta nova tecnoloxía supón dispoñer dunha importante ferramenta diagnóstica que nos aporta un gran beneficio para a interpretación das exploracións”-.

As dúas tomogammacámaras da área sanitaria de Vigo dispoñen de dobre cabezal, e contan con TC (escáner) incorporado. Os equipos de dobre cabezal poden realizar estudos tomográficos e planares do corpo enteiro nun só paso.

A Medicina Nuclear é unha  especialidade que utiliza isótopos radioactivos na obtención de imaxes, para o diagnóstico ou tratamento de numerosas enfermidades. A súa maior vantaxe é a precocidade no diagnóstico, ao detectar en imaxes, fenómenos metabólicos ou funcionais antes de que se altere estruturalmente o órgano a estudar.

A carteira de exploración é ampla, incluíndo patoloxías cardíacas, neurolóxicas, endocrinolóxicas, renais ou do aparello locomotor, así como o diagnóstico e tratamento de enfermidades oncolóxicas. Dentro dos procedementos terapéuticos salientar o tratamento dalgúns procesos inflamatorios crónicos, como a artrite, ou ben tumorais, como o cancro de tiroides ou o cancro de próstata avanzado refractario a tratamento hormonal, entre outros.

Te podría interesar