O Concello das Neves contratará, ao longo deste ano, cando menos, a 31 persoas desempregadas. Estás contratacións estarán financiadas co propio orzamento do Concello e con achegas ou programas da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia.
O Plan de Emprego, sinala o alcalde,”conxuga facilitarar a empregabilidade e por tanto loita contra o desemprego, coa prestación eficaz dos servizos a cidadanía”. Para conseguir isto, solicitanse candidatas e candidatos ao Servizo Público de Emprego: para algúns postos de traballo, máis técnicos, haberá un proba práctica e para os demais non.
Case tódolos postos superarán os 6 meses de contratación e algúns chegarán aos 10 meses e medio, “tentando achegarse o máis posible a xornada completa”, engade Xosé Rodríguez Méndez.
Os postos a cubrir sos de auxiliares administrativos para o Concello, Servizos Sociais e Bibiblioteca; auxiliar de Axuda no Fogar, Conductores de camión, Tractoristas, oficiais de obras e xardinería, peóns forestais, peóns de obras, persoal de limpeza, peón para o punto limpo, fontaneiros, socorristas e monitores.
O alcalde indica que “loitar contra o desemprego é unha prioridade tentando que sexa emprego digno” e tamén adianta que As Neves contará con persoas becarias para desenvolver prácticamente a súa formación.