A dirección do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI), ven de confirmar o cese o doutor José Ramón Fernández Lorenzo coma xefe de Pediatría, logo de que se coñecese a súa incorporación, nese mesmo posto, a HM Hospitales para dirixir o servizo de Pediatría nos catro hospitais que o grupo sanitario privado ten en Galicia: La Rosaleda e La Esperanza de Santiago, e Modelo e Belén en A Coruña.
O doutor Fernández Lorenzo-que ademáis é profesor na Facultade de Medicina de Compostela e presidente da Sociedade de Pediatría de Galicia- asumirá o seu novo posto nun prazo máximo de seis meses, dacordo coa información da dirección do CHUVI.
“Non sendo axeitado compatibilizar ambas prazas, o seu labor consistirá en que durante este período se efectúe unha transición planificada das funcións que ven desenvolvendo no CHUVI. Neste periodo, o Servizo Galego de Saúde iniciará o proceso de nomeamento dun novo xefe de servizo”.