A cuarta fase da humanización da Avenida das Camelias abranguerá a reforma dun treito de case 300 metros, entre Doutor Marañón e Juan Ramón Jiménez, segundo adiantou este mércores o alcalde durante unha visita ás obras.
Segundo detallou, renovarase o saneamento e o abastecemento, “que estaba rebentado en moitas zonas”, así como o pavimento e as beirarrúas. O proxecto prevé manter as 77 árbores e os 26 farois existentes -aínda que se equiparán con leds- e instalaranse 4 papeleiras, 2 bancos e 9 xardineiras.
O investimento destas obras ascende a preto de 800.000€, unha “cantidade que se eleva a máis de 4,5 millóns se sumamos as tres fases de traballos executados xa nesta rúa”. O prazo de execución é de aproximadamente catro meses.