Galicia

O número de contratos laborais a tempo parcial en Galicia eran o dobre o ano pasado que ao comezo da crise

A CIG denunciou este venres que en Galicia os contratos laboráis a  tempo parcial eran en 2016 case o dobre que cando empezou a crise, hai xa 9 anos. En 2008 rexistráronse 192.497 contratos a tempo parcial en Galicia, o ano pasado 350.658, indica a central sindical.

Doutra banda, os contratos a tempo completo reducíronse pasando de 597.139 contratos en 2008 ata 587.912 no ano 2016, preto de 10.000 menos.

A CIG denuncia que os contratos a tempo parcial son de moi baixa duración: o 35% non chegan a unha semana o que, subliña o sindicato, implica un “descenso dos ingresos da clase traballadora”, grupo no que aumenta o número de persoas que gañan menos da metade do Salario Mínimo Interprofesional (SMI).

Ao mesmo tempo, engade a CIG, o grupo de persoas con máis ingresos foi o que máis aumentou os seus ingresos medios: despois de Madrid, Galicia é a segunda comunidade onde este grupo ten o salario medio máis alto.

O deterioro do mercado laboral, remata a CIG, é máis evidente considerando que o dos galegos de 16 e 24 anos pasou de ser un grupo que representaba o 8,5% da poboación activa no ano 2009 ao 4,7%en 2016, o mesmo que o sector da poboación que ten entre 25 e 34 anos: pasou de ser o 27,3% da forza laboral ao 19,5%.

También te puede interesar