Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) fai un chamamento a todas as persoas de Vigo para que este verán se animen a acoller a un menor Saharaui, permitindolle sair dos Campamentos de Refuxiados participando no programa “Vacacións en Paz”.
Este programa aporta unha estancia agradable a nenos e nenas Saharauis que viaxarán a nosa Comunidade, e posibilita facilitarles asistencia médica, a alimentación que non teñen nos Campamentos de Refuxiados, e evitar a súa estancia no deserto nos meses de Xullo e Agosto nos que as temperaturas chegan a máis de 50 graos.
Os Interesados en acoller a un neno ou a una nena Saharaui os meses de Xullo e Agosto poden recibir máis información no número de teléfono 986 26 26 37 –chamando de 9:30-14:30- ou no enderezo de e-mail [email protected].