Vigo al minuto

@MareaVigo cualifica de cínico a Caballero por pedir a reposicion de funcionarios e deixar caducar as convocatorias do Concello

O Grupo Municipal de Marea de Vigo cualificou este martes de “cínica” a actitude do alcalde por reclamar, coma presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), a reposición do cen por cen dos funcionarios das entidades locais e, ao mesmo tempo, coma alcalde de Vigo, “deixar que caduquen” as convocatorias de emprego público do Concello.

Marea solicitará que se faga un código de boas prácticas para os procesos de oposición que se realizan no Concello “á vista das moitas denuncias que se presentan, nos tribunais e internamente”

Marea propón a realización de exames sen nomes e apelidos ou que as probas que sexan tipo test se sorteen o o mesmo día do exame para evitar filtracións das mesmas. A xuízo de Marea, o Goberno local esta “colaborando na precarización e destrución de empregos nas concesionarias municipais”, en referencias ás folgas en servizos municipais, aos traballadores dos estacionamentos da Porta do Sol e Praza de Portugal, ou o feito de que o Concello non queira intermediar no conflito dos traballadores do Aeroclub.

You may also like