A Xunta abriu este mércores o prazo de inscrición para as listas de Emprego Temporal da Administración Galega. Calquera persoa que cumpra os requisitos de titulación poderá anotarse nas bolsas para o nomeamento dde funcionarios interinos e contratación de persoal laboral temporal da Xunta de Galicia.
Segundo informa o Goberno galego, o prazo de inscrición estará aberto dende o 1 de marzo ata o 15 de xullo, dacordo coa resolución da Dirección Xeral de Función Pública.
O número de listas abertas é de 21: delas, 10 son para traballar de funcionario interino e outras 11 coma contratado laboral. En relación co ano pasado ábrense 7 listas, 4 de funcionarios interinos e 3 de laboráis.
Aquelas persoas interesadas en apuntarse nas listas deberán presentar a instancia que se poden desgargar no portal web da Xunta www.xunta.gal, no apartado de ‘Listas de Contratación’. As persoas que xa están na bolsa non terñan que se anotar de novo.
Entre as listas abertas están as de enxeñeiros, veterinarios; profesores numerarios; titulado superior médico; ATS, enfermeiro; auxiliar sanitario, auxiliar de clínica, auxiliar psiquiátrico, auxiliar de enfermería; intérprete da linguaxe de signos e oficial 1º de cociña.