Ata este venres, 3 de marzo, segue aberto no Concello o prazo para solicitar as axudas extraordinarias a familias para sufragar gastos de alugueiro da súa vivenda co fin de evitar posibles desafiuzamentos, do subministro de enerxía e de alimentación.
Segundo indicou este mércores o alcalde, o Goberno local destina aos programa de axuda social un total de 2,5 millóns de euros e animou á cidadanía que poida ser beneficiaria das mesmas a que solicite cita previa a través do teléfono 010 ou da páxina web municipal para realizar a tramitación das mesmas.