Vigo al minuto

A Asociación de Veciños de Teis sinala que a Cidade do Mar na ETEA é “unha prioridade”

Diante da posibilidade real de que o proxecto do “Campus do Mar”, non se execute nos terreos da ETEA, a Asociación Veciñal de Teis, sinala que, desde o comezo, apoiara a realización deste proxecto, promovido pola Universidade de Vigo, porque permitirá: a presenza da universidade na ETEA, recuperar edificios agora abandonados, darlle utilidade a estes terreos  e compatíbel con outros usos.

Para a Asociación Veciñal de Teis, o desenvolvemento do ” Campus do mar ” é “unha prioridade” e non se pode permitir máis atrasos e, porén, é necesario o acordo e o entendemento entre as tres administracións -Concello, Xunta e Consorcio de Zona Franca- implicadas no desenvolvemento  da ETEA.

A ” Cidade do Mar “, esta proxectada desde fai sete anos e impulsada pola Universidade de Vigo,  que estivo realizando un gran traballo para por de acordo as diferentes  administracións.

O  pasado 3 de maio de 2016, Abel Caballero, Alcalde de Vigo e Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, mantiveron unha xuntanza. Abel Caballero, afirmou que a xuntanza  ” serviu para darlle luz verde á nova dimensión e ao estabelecemento da universidade na ETEA “, comprometéndose a que o Concello levará esta proposta ao seguinte pleno do Consorcio da Zona Franca, algo que non aconteceu logo de dez meses.

A xuizo da asociación vecinal, “Abel Caballero, mantén unha actitude irresponsábel, pondo en perigo este proxecto”, os veciños creen que “o alcalde deberá preocuparse das súas responsabilidades e compromisos na ETEA, como o mantemento do paseo marítimo  ou a apertura da piscina. No caso da piscina logo de investir diñeiro público,  de anunciar a súa posta en funcionamento en varias ocasións agora quer cubrila”.

A Asociación leva anos denunciando o abandono dos terreos da ETEA, por parte de ambas administracións, Concello e Xunta ,e reivindicando unha maior implicación nos mesmos.

Agora, remata,  hai un proxecto e fondos para investir na ETEA, “atopámonos coa paralización do mesmo.  Chega xa de utilizar a ETEA, para o enfrontamento entre as administracións. Non podemos  perder o proxecto do “Campus do Mar” na ETEA.

Te podría interesar