O alcalde anunciou este martes o inicio dos dous “grandes proxectos previstos na Porta do Sol e na Gran Vía” que arrancarán a semana que vén coa aprobación dos pregos para a licitación da redacción dos proxectos.
Ao mesmo tempo, iniciarase o levantamento topográfico e o estudo xeotécnico, singularmente na Porta do Sol, dado que se construirá un túnel e contará, polo tanto, con tráfico deprimido.
Tal e como explicou Abel Caballero, a Porta do Sol -que conservará o parking- se transformará nunha gran praza colectiva para todos os vigueses e as viguesas, que anexionará as prazas da Princesa e da Constitución nun conxunto peonil conectado que comezará na Farola de Urzáiz, pasando por Príncipe, ata conectar co Casco Vello.
Pola súa banda, na Gran Vía haberá pasarelas mecánicas cubertas que permitirán chegar en 2 minutos e medio desde Urzáiz ata a Praza de España.
O orzamento inicial da remodelación da Porta do Sol é de 8,6 millóns e o prazo de execución de ano e medio, unha vez que sexa adxudicado, a finais deste ano. Segundo detallou, aproveitarase o actual aparcamento para crear un vial soterrado de dobre dirección de ata 210 metros de lonxitude.