Destacados

@ardelucus, a festa popular máis importante de Galicia, declarada de Interese Turístico Nacional

Arde Lvcvs, que se celebrará este ano os días 30 de xuño e 1 e 2 de xullo na cidade de Lugo,  vén de ser declarado Festa de Interese Turístico Nacional polo Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital.

A meirande festa popular de Galicia que a pasada edición reuniu a máis de 600.000 visitantes, xa fora declarada de interese turístico galego no ano 2011, acadando agora, xusto nos 5 anos despois de que se puidera solicitar esta distinción, o recoñecemento nacional.

“Hoxe é un día importante, non só para o Concello, senón tamén para todos os veciños e veciñas, pola súa implicación con estes festexos”; asegurou Lara Méndez, alcaldesa de Lugo, quen subliñou , a importante proxección que lle dará á cidade esta nova distinción, “unha ventá aberta de Lugo”; pola cal agora o municipio ten dúas grandes festas que compartir: o Arde Lucus e o San Froilán”.

Te podría interesar