Segundo informa a Consellería de Medio Rural, xa está controlado-non apagado- o incendio forestal que arrasou 80 hectáreas no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras.
O lume empezou ao mediodía do xoves na parroquia da Candeda e quedou controlado onte preto das 10 da noite. Nos traballos de extinción seguen a traballar un técnico, 13 brigadas, 8 motobombas, unha pa e 3 helicópteros.