Coma adiantara a Consellería de Infraestruturas o domingo, este martes, de 2 e media a 4 e media da tarde, vaise cortar o tráfico no Corredor do Morrazo, entre a rotonda de Domaio e a saída de Meira, para facer traballos de desmontes. A consellería indica que son cortes “puntuais” que poderían repetirse o mércores se fora necesario.
O horario elixido coincide coas franxa na que a vía ten menos tráfico, de xeito que os cortes molesten o menos posible aos usuarios. Os condutores que teñan que circular a esas horas poderán coller o desvío pola PO-551-coma no corte do 2 de novembro ao 24 de febreiro pasado, agás os días de Nadal-.